martes, 18 de noviembre de 2014

EnREDados coa poesía do outono salmantino (Crónica en tres actos)

Acto I: Nunha hora non gañamos Zamora

A fatiga da viaxe, a fame e a chuvia aliáronse para deslucir a nosa primeira parada. A clasicista fachada norte da catedral dounos acubillo e a praza diante dela e do castelo foi o lugar elixido para facer unha apresurada lectura con lembranzas de Viriato, dona Urraca, o Cid, Sancho II ou o traidor Bellido Dolfos.

Acto II: En Salamanca non vimos a ra

Contan que Unamuno lamentaba que moitos, por culpa do batracio, non visen outra cousa na súa querida Salamanca. Nós non vimos a ra mais si vimos moitas outras cousas: na praza dos Bandos, soar natalicio de Carmen Martín Gaite, a casa da lexendaria dona María a Brava; na librería Hydria unha  perfecta maridanza entre negocio e cultura; no Da2 a transformación dunha antiga prisión nun museo ou no barrio do Oeste como imaxinación, arte e solidariedade poden sacar do anonimato muros de obra, anódinas portas de garaxe, insulsas medianeiras ou vulgar mobiliario urbano.
Aproveitamos tamén para coñecer a dinámica e versátil biblioteca Torrente Ballester e para enfeitizarnos coa poesía de Raúl Vacas e a música de Fernando  Maés.
Enchéusenos a cabeza de paxaros nunha virtual ruta ornitolóxica guiados por poesías voantes, píos, limóns en gaiola ou aves metropolitanas.
Vivimos a maxia das etimoloxías populares, das lendas e a mitoloxía salmantinas levados da man de Fernando Saldaña: el foi quen de esvaecer o sono e o cansanzo acugulados despois de dúas noites toledanas no albergue salmantino; nas súas historias foi mágoa que o príncipe azul non se chamara Calisto, a princesa Melibea ou que o asno afogado non pertencese a algún dos amos de Lázaro de Tormes.









Enfeitizados deixamos Salamanca co compromiso de volver porque como dixo Cervantes Salamanca... enhechiza la voluntad de volver a ella a todos los que la apacibilidad de su vivienda han gustado. E tamén para ver a ra que garante o tan desexado aprobado nos exames!

 

Acto III: O turre tabarense alta et lapidea...


E de regreso paramos en Tábara para homenaxear, lendo, ao seu fillo o poeta León Felipe e para lembrar as glorias pasadas desta tranquila e hospitalaria vila que nos abriu, fóra de horario e de xeito altruista, o seu scriptorium (so a románica torre da igrexa de Santa María, herdeira da súa antecesora do mosteiro de San Salvador alta e pétrea)  onde están expostos facsímiles de varios beatos entre os que destaca o chamado de Tábara.


Ao luscofusco despedímonos de Tábara cara aos nosos distintos destinos; rematabamos tres intensas xornadas pletóricos de ilusións para próximas enleadas poéticas e algo máis que poéticas.

lunes, 10 de noviembre de 2014

EnREDados coa poesía do outono salmantino

Por segundo ano consecutivo alumnado e profesorado implicado no proxecto “EnREDando Versos” visitaremos terras de Salamanca e Zamora. 


Desta vez aos catro centros participantes na pasada edición (IES Poio, IES Ribeira do Louro-Porriño, IES San Paio-Tui e IES Sanxenxo) súmanse o IES de Vilalonga-Sanxenxo e a Escola Básica e Secundaria de Macedo dos Cavaleiros (Portugal). 


Máis dun cento de alumnos e unha ducia de profesores participaremos nas distintas actividades previstas (rutas e lecturas literarias, recital poético-musical, visita a bibliotecas e librerías, obradoiros de creación poética...). Unha das novidades deste ano é a parada en Tábara, terra natal do poeta León Felipe.


Ofrecemos algúns dos textos que serán os nosos compañeiros de viaxe

en Zamora:

en Salamanca:

en Tábara:

Boas lecturas, Boa Viaxe!

martes, 14 de octubre de 2014

Poesía e música na voz de Yolanda Castaño, a nosa poeta do mes de outubro: EDÉNICA.




Inaugurando pois este novo curso no que casaremos versos e notas, a nosa poeta do mes é Yolanda Castaño (http://gl.wikipedia.org/wiki/Yolanda_Casta%C3%B1o) que aló polo ano 2000  publicou un poemario-disco titulado Edénica no que se recollen poemas en papel seleccionados das súas obras: Elevar as pálpebras(III Premio de poesía Fermín Bouza Brey no ano 1994), Delicia (1998), Vivimos no ciclo das erofanías ( II Premio de Poesía Johan Carballeira no ano 1997), e Outros poemas (1995-1999, algún deles inédito); acompañan a este libro un CD musical que contén algúns deste poemas musicados por José A. Fernández Calero e interpretados pola propia Yolanda Castaño.



No CD a autora dinos que "(...) Foi buscar novos canais de expresión para a poesía. E naceu reinventar a poesía musicada (...) unha música actual cunha literatura nova."

No seguinte enlace podedes consultar os temas do CD e tamén escoitar a primeira das cancións da autora:



Sen dúbida Yolanda Castaño é unha das poetas máis eclécticas e innovadoras do panorama da poesía galega actual; ten experimentado a conxunción da palabra en verso co son e coa imaxe, co audiovisual,  e boa mostra diso é a súa páxina web:

                                            http://www.yolandacastano.com/comezo.htm

Aquí tedes algúns dos seus poemas:

VENECIA: O VICIO DA BELEZA
I
Clara, Retira ese pano: Os ollos da afogada permean as asas da derrota. Os belísimos ollos da afogada, a súa virxindade extraterrestre, a súa loucura.
              Non é de aquí esta flor.
              Lila rigor que tapou qué desespero.
                                                                                                             ( Edénica, 2000)


Quén preservará todos os contornos da conciencia.
Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,
                  o meu impúdico nome que codifica e devora.
Quén pode prescribir tantos equívocos moldes
                  por encima desta fiestra construída polo corpo.
Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria
                  cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?
                                                                                                             (Delicia, 1998)


A consumida dunha pirámide sonámbula


bracexa no naufraxio en tanto camiña un pulo

mendigo de desposuirse.           Recóntase.



Cubrirase dunha temperatura taciturna,
diafragma dunha trama que só cega.

Que han de calcetar nos pasos
a cabana inmortal dunha memoria.
A reiniciada do desterro recóntase
Cánto tempo tarda en acabarse todo.


A miña beleza sinala co dedo,
espella os meus cristais,
ofende.

A miña beleza que intimida,
que enerva sen falar,
que acovarda.

A miña beleza que prognostica,
que me eclipsa,
que me traizoa.

A que me vende barata,
a que amortiza os meus fallos,
que se me adianta.

A que levanta suspicacias,
a que disuade de min,
que desvirtúa.

A miña beleza que me somete,
faime criada de si,
a que me ata.

A miña beleza desvergoñada,
que te enfronta contra ti,
que me negocia.

 A miña beleza que me deturpa,
que embaza os meus cristais,
a que me nega.

A miña beleza que manipulo,
que non outorga perdón,
a que me agacha.

                                                                                                     Profundidade de campo, (2007)

Algún dos seus proxectos audiovisuais:


                   

domingo, 12 de octubre de 2014

Catro poemas, unha canción: Alicia Álvarez (Pauline en la playa)

Música e poesía da man
Inauguramos un novo ciclo dedicado a aqueles poetas que tamén son músicos ou se si prefire, aos músicos que tamén son poetas.  Trataremos de poñer en valor a potencialidade lírica das letras das cancións, sen deixar de apreciar a sonoridade da palabra, o ritmo do verso e a súa musicalidade nas estrofas dun poema.          

ALICIA ÁLVAREZ (Gijón, 1979), vocal do grupo Pauline en la playa, ademais de guitarrista e compositora acaba de publicar o seu primeiro poemario La aguóloga no que nos ofrece unha orixinal e fantasiosa visión do mundo cheo de imaxes, xogos de palabras, escenarios surrealistas, metáforas e moita ironía, cun ritmo case musical, como se foran cancións narradas. 


Poemas de "La aguóloga". Huerga y Fierro (2012)

Poema nº 6
"Va la aguóloga llorando sobre mojado
y todo se le hace barro y ya casi no lo cuenta. 
Serán sus sesiones de astronauta
que la han hecho ingrávida y perder la cuenta. 

No sabe lo que le pasa, pero de pronto
se ha hecho manta y hasta se arruga como ella. 
Todo por esos besos que-se-posan-en-los-huesos. 

Del resto no sabe nada, solo lo que se cuece. 
Por el momento se proclama cáscara. 
¡Vete tú a saber qué quiere decir eso! 

El otro día, sin ir más lejos, 
la encontré intentando meterse 
en la boca de un cañón dorado, 
dijo algo de autopropulsarse
a donde menos se lo esperen. 
La otra opción era dejarse barba."

Poema 12
Charcos de afecto, 
humedad salada,
sardinas de lata,
a plato puesto. Te secuestro.

Te como con patatas
te pido, 
te amo,
té helado. Te molesto.

Con amor, 
con mosquitera, 
con moscatel,
con miel en la sien. Con postura de siesta.

Poema 37
Me escurro hacia dentro...
Miro tierna mi ombligo por dentro...
Hago acercamientos de nariz busca hombros,
busca huecos.
Miro triste y menta y hago cuenta de dar besos largos.
Contigo que miden años, contigo que nuncahay prisa. 
Son millas, son miles... son ethos.
Juntemos nuestros abrigos de piel "tan suave",
hagamos que los abrazos sean de velcro.

Poema 41
A ver, te lo vuelvo a explicar. Yo no quiero  jugar
al psicoanálisis, prefiero que nos toquemos, 
que juguemos a ¿qué te duele? 
Pero, por favor, que no sea en el fondo del alma,
que eso queda muy lejos.

Poema 16: Estate atento, te cuento el cuento que yo me invento na voz da propia Alicia Álvarez dentro do festival Copsmopoética 2013.

     
    Unha canción: El mundo se va a acabar.  Colaboran aos coros Nacho Umbert y Nacho Vegas.
     
     

viernes, 13 de junio de 2014

Obradoiro de poesía visual con Elvira Riveiro

No encontro poético de Tui, un grupo de mozos e mozas asistiron a un obradoiro de poesía visual coa poeta Elvira Riveiro Tobío. A seguir tedes as súas creacións:

jueves, 29 de mayo de 2014

Pablo Fidalgo

Pablo Fidalgo Lareo é natural de Vigo, aínda que actualmente reside en Lisboa. Poeta da xeración dos oitenta xa leva publicados catro poemarios ata o de agora:

La educación física(Pre-Textos, 2010)
La retirada (Premio Injuve, 2012)
El tiempo de las tragedias absurdas(Fundación Cuña-Casasbellas, 2012)
Mis padres: Romeo y Julieta. (Pre-textos, 2013)

Propoñemos algúns dos seus poemas para rematar este mes de maio:



Si conocerse es guardar el secreto durante años
nos hemos conocido.
Si sólo pudieras conocer a una persona más
¿Me elegirías a mí?
Si sólo pudieras conocer un días más
¿Sería este?
Si sólo pudieras vivir una noche más ¿Elegirías dormirte? La educación física


Sentía vergüenza de mis padres
por tener que explicar su separación
sin poder explicar antes su amor.

Mis padres viven juntos sus primeros años
sin que sus familias lleguen a enterarse.
Todos sus amigos guardan el secreto.
Yo transformo su necesidad de silencio
en un primer amor por las mentiras.

Mis padres buscaron un lugar en la playa
donde poder protegerme de la historia.
Muchos años después volví a esa playa,
cada día una mujer distinta me preguntaba
¿E ti, de quén es fillo?

Mis padres: Romeo y Julieta.
¿Después de todo quién recuerda
un conflicto entre dos familias
en esta absurda tierra
en esa absurda época?

Madre, creíamos que todos estos años sin él
eran tiempo perdido
y cuando finalmente fui a conocerlo
supe que era tiempo ganado al dolor.

Yo soy hijo de los que se bañaban desnudos
pero nunca perdieron la vergüenza.
Mi declaración de amor fue desnudarme en la calle
y volver a vestirme sin explicar nada más. Mis padres: Romeo y Julieta.


La luz se movía entre los árboles,
y yéndonos del río, vimos a un hombre y una mujer desnudos.
Vimos a su hijo acostado en una toalla
como si los tres acabaran de nacer.
Inclinados sobre el niño, adorándolo,
podrían ser tus propios padres y tú mismo.
La belleza es incontestable para nosotros
que hemos atravesado el infierno.

Mire donde mire están ellos
que ni siquiera se giran para ver quién soy
totalmente concentrados en su propia fe.
Después seguí mi camino deseando ser un padre
expulsado del paraíso una vez más,
pero sabiendo que quizá esa belleza, ese amor,
no se me habían entregado.

Y entendí, después del instante perfecto,
que todo se renueva de golpe: padres e hijos.
Pero nosotros cuando vamos a un lugar
no nos llevamos ningún recuerdo.
Hemos sido irrepetibles y fascinantes tantas veces al día
que nadie se ha fiado de nosotros.

Allí donde vayas, mires donde mires,
tus padres renuevan su presencia,
vigilan que todos sepan quién eres
aunque les cueste la vida. Mis padres: Romeo y Julieta


  Para coñecer máis sobre o poeta, infórmate na súa web.