miércoles, 12 de febrero de 2014

I Edición e-Poesía en Twitter


          A cidade con ollos de poeta é o tema sobre o que xira o  #tuitspoema e o #poemavisual que conforman esta I Edición e-Poesía EnREDandoversos. Twitter será a canle para facer chegar esta poesía nova e refrescante a todos nós. Porque a poesía está en todas partes, tamén nas redes sociais e grazas a elas e ao seu efecto multiplicador permitirá ampliar a súa difusión máis alá das nosas fronteiras. 

        Esta convocatoria non ten o carácter dun concurso ou certame poético ao uso. Para comezar non hai premio, si se entende por tal unha contía económica ou un agasallo material. O premio será o recoñecemento de saberse elexido/a ou seleccionado/a por unha comisión de poetas profesionais e a posibilidade de ver publicado o #tuitpoema ou o #poemavisual presentado, así como a invitación para poder asistir ao II Encontro poético de EnREDandoversos na data e lugar que se fará chegar.

         Por outra banda, esta I Edición e-Poesía está aberta a calquera participante que así o queira: aos traballadores de versos, aos ensinantes, aos expertos con nome, aos anónimos e pseudónimos, aos poetas intuitivos, aos aprendices de poetas; aos bolseiros, erasmus, estudantes de estrofas, métrica ou verso libre... En definitiva, a todos e todas os/as que amen as palabras e o seu poder seductor, a imaxe e a palabra convertida en arte. 

Consultar bases aquí .


No hay comentarios:

Publicar un comentario