martes, 19 de noviembre de 2013

ENREDANDO COS VERSOS EN SALAMANCA. (Crónica):

 

IMG_8520Son as 14,45 e estamos na biblioteca apurando uns bocatas e algunha froita, as mamás despídense e voulles presentando o itinerario e os/as participantes, chega o bus e primeiro contacto: Poio-Sanxenxo; unhas cantas voltas e en Torneiros (Porriño) recollemos a Tui e a Porriño, xa estamos completos…COMEZA a aventura dos versos e dos encontros, o autobús énchese de voces que non cesarán ata o regreso… imos de camiño a SALAMANCA onde nos agarda o poeta RAÚL VACAS.

Falamos, falamos e falamos… (“Salamanca reposa sonriente sobre sus tres colinas”…Víctor Hugo) que chegamos tarde á cea!!!, un comedor universitariooooo, guau!!! xa somos maiores, de 2º de ESO á universidade!!! non será o único contacto. Logo da cea ao albergue, repartímonos nas habitacións e de paseo por Salamanca á noite (pobres profes… non os deixamos durmir), o primeiro contacto coa Plaza Mayor.

Un novo día ( só un pouco durmidos despois de tanto latricar e latricar…), almorzo, reunión preparatoria e en marchaaaaa… Chegamos á Biblioteca Torrente Ballester onde nos esperan, dividímonos en dous grupos para visitar a exposición sobre o libro, a biblioteca, espazos e funcións, o foto call, a comiteca… e o taller de poesía con RAÚL VACAS.

IMG_8218

O taller… recíbenos Raúl cun exemplar do Diario de Pontevedra!!!!  onde se fala de nós, da nosa visita e do tema do mesmo: “ para cultivar su compromiso de cuidar los árboles y la poesía”. Nomes de árbores, álbumes ilustrados, xogos de palabras, rimas… e Raúl fai que a nosa árbore medre coas palabras, cos versos… tronco, pólas… sorrisos nas caras, sorpresas ( Eu non sabía rimar!!!), satisfacción… Xa todos sentimos ao poeta coma un máis dos nosos… haberá que xantar e logo…

Logo, coas sobremesas regresa Raúl para nos facer  de guía pola Salamanca das pedras e do saber, dos versos e da historia: A Universidade ( …profe, non vexo a ra !!! cro, cro fan as ras que mercaron…), a casa de Unamuno ( “remanso de quietud, yo te bendigo / ¡mi Salamanca!) , versos e versos ante as fachadas. E andando, andando, que Lázaro de Tormes agarda por nós nas beiras do río ( “Salimos de salamanca y llegando al puente, está a la entrada della un animal de piedra…”); e máis versos e paseos, e fotos de grupo, vai frío… cruzamos de novo cara o horto de… Calixto e Melibea, que son de Tui… cae a noite e Calixto conversa de amor con Melibea ( ¡Oh señora mía, esperanza de mi gloria, descanso y alivio de mi pena, alegría de mi corazón!), ao lado os candados no pozo versión Federico Moccia tamén falan de amor.

resized_PB080159

Pouco a pouco achegámonos á librería Hydra: alí nos agasallan con versos e música: Raúl Vacas e Fernando Maés, sons en palabras e en notas musicais, faise o silencio e abren camiño as emocións, os ollos e os oídos abertos ao deleite, unha sorpresa para tod@s; ao finalizar podemos falar con eles, preguntar, comunicarnos cos libros e coa música.

resized_PB080191

E de novo á cea no comedor universitario e o paseo para os que non queren durmir; regresamos ao astronauta da catedral entre sombras e luces, á praza Anaya, e atracamos as rúas collidos dos brazos, cantando e saltando regresamos para… falar e falar …

O sábado amañece con sol, temos cita no Museo de Arte Contemporáneo e no parque dos Jesuítas… veremos a Raúl, profe? e o poeta nos espera no museo para mostrarnos o máis alá da arte en imaxes: fotografia, performances, vídeos foron o que máis nos encandilou.

E xa pola tardiña O Cid nos espera en Zamora( “De un cabo la cerca El Rey/ del otro el Cid la cercaba…”), nas almeas, nos castelos; na estatua de Viriato ( “Memoria soy del más famoso pecho…”)…  escoitamos as palabras escritas hai séculos nas voces dos máis novos que as fan revivir, volver soar entre as pedras onde foron vividas e creadas.

resized_PB090288

Hai que regresar a Galicia, as voces seguen a ser sonoras, xoves, alegres, non hai descanso… debemos exprimir o tempo que nos queda de estarmos xuntos… e a despedida en Porriño, en Poio, en Sanxenxo… vémonos:

resized_PB090294

no ENCONTRO POÉTICO para seguirmos ENREDANDO VERSOS…

No hay comentarios:

Publicar un comentario