jueves, 24 de octubre de 2013

Crónica dun soño en versos: Cosmopoética

"Son as dúas da madrugada e Córdoba saúdanos solitaria e silenciosa co arrecendo a "galán de noche"; tras unha longa viaxe de norte a sur, os nosos anseios de versos vanse ver saciados e logo dun sono reparador, xa de mañanciña, chegamos ao pazo Orive; sentados no banco devoramos o programa de Cosmopoética... unhas fotografías, o señor do paraugas que nos observa con curiosidade... entramos no pazo ilusionándonos coa exposición de poesía visual... en breve a nosa primeira sesión vai comezar :

Asistimos á unha mesa redonda de narrativa arredor da obra de Medardo Fraile; para falar dos seus contos dous grandes do xénero: Ángel Zapata e Eloy Tizón , o primeiro, teórico do xénero no que el mesmo é un mestre do surrealismo, di que Medardo aparentemente non conta case nada, nel predomina o movemento da linguaxe e a experimentación; Eloy Tizón achega que o contista segue unha liña antirretórica, escribe en voz baixa, é sutil con matices.

Pola tardiña e de novo na sala Orive comezamos as sesións líricas da man de Blanca Andreu, Sofía Pérez Bustamante e Antonio Rodríguez Jiménez: As dúas poetisas confésanse cunqueirianas de seu, a forza do carácter e a voz de Blanca Andreu cautivounos recitando fermosos poemas de amor, infancia ou o paso do tempo: "alma mía no te detengas, canta tu tambien en mi boca". No seu poemario Los archivos griegos escribe:
" Las aguas de la Argólida y sus islas azules
sus templos blancos donde pacen caballos
vienen del mundo de los pensamientos

como nosotros"

Y nos transporta coa sua voz poética máis aló, ao Mediterráneo, ás terras de sol e casas encaladas.

Logo deste recital: corre, corre, corre á sesión de poesía tabernaria no patio andaluz donde nos esperan los poetas cordobeses: Antonio de Egipto, Rafaela Hames, Fernándo Sánchez Mayo e José Ignacio Montoto. Voces novas, cheas de vida vanse alternando na lectura dos seus poemas, xa é noite e unha airexa move as pólas do ficus ao ritmo das súas palabras.

De novo corre, corre, corre ao teatro Góngora onde levamos unha moi grata sorpresa: Versos e cancións nas harmoniosas e frescas voces do grupo asturiano,  Pauline en la playa. Os textos de Alicia Álvarez -La aguóloga- e as letras das súas pezas enchénnos de engados:

 "Va la aguóloga llorando sobre mojado y todo se le hace barro y ya casi ni lo cuenta. Serán sus sesiones de astronauta que la han hecho ingrávida y perder la cuenta..."


Iniciamos a nosa sesión do sábado con Ana Rossetti ( " A poesía está en contra do costume, pódese dicir máis coa poesía visual ca con 20 versos"), José Ignacio Montoto e María Mercromina ( " As redes sociais son unha fiestra ao mundo, unha oportunidade para publicar poesía" ).

Outro entorno moi cordobés é "La posada del potro" onde puidemos escoitar a Vicente Molina Foix, Raúl Alonso ( na súa poesía todo se constrúe con adxectivos e verbos e os finais son abertos), José García Obrero ( poeta intermitente en espazo e actividade; ten poesía visual) e Basilio Sánchez ( poesía melódica, sinxela pero profunda, poesía contemplativa).

Na tardiña regresamos á sala Orive da man de Basilio Álvarez ( "necesito la sombra de todo lo que ha sido"), Almudena Guzman  ("el príncipe rojo" y "zonas comunes" poemas sobre as inxustizas  e as regulacións de emprego) e Rubén Martín Díaz .

"No hay realidad más profunda que la vida" recítanos Raquel Lanseros  ( A las órdenes del viento ) na sala das adegas Guzmán, a media luz, cun forte arrecendo a viño, escoitamos as doces palabras da nosa poetisa en especial: "con la inmensa alegría del reencuentro y la inmediatez feliz de muchos otros"; as súas palabras chégannos moi adentro, acaríñannos docemente coa voz da muller ferida:

"Solamente si alguna vez amaste
con uñas y dientes
sin red
sin salvavidas
aciertes a entender el vértigo insondable
que se extiende a los pies del desengaño"

 Unha cea admirando a cidade desde a outra beira do Guadalquivir e unha despedida... "



Crónica dun soño en versos on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario