sábado, 11 de mayo de 2013

OBRADOIRO CON CARLOS NEGRO

PRODUCIÓNS LITERARIAS DO OBRADOIRO CON CARLOS NEGRO 

" A POESÍA É UNHA ONZA DE CHOCOLATE"

Haikus


As costas do mar
soa forte o vento
con claridade

O alboroto
está no obradoiro
con Carlos Negro

O mar ao fondo
os barcos non paran e,
penso en ti

La primavera
llega a mi corazón
con tu amor


ODIO
Odio que me leven a contraria
Odio esperar colas moi longas
Odio a xente racista
Odio que cando vou beber xa non quede nada
Odio a calor
Odio que me quiten o teléfono
Odio pisar os chicles que están pegados
Odio que me acusen de algo que non fixen
Odio que non me fagan caso cando falo
Odio que cando paso co can, outro lle ladre
Odio os ruídos desagradables
Odio as arañas e as algas do mar
Odio que a praia estea sucia
Odio que a auga saiba mal
Odio que haxa tormenta
Odio cando o meu pai me cambia de canal
Odio a xente que di que odia
Odio que se trasteen as portas polo vento
Odio que a miña irmá me colla a roupa
Odio que o boli quede sen tinta
Odio que a miña cobaia se meta debaixo dos mobles
Odio a xente hipócrita
Odio a xente que ten moita roupa e sempre quere máis
Odio que os chicles non duren nada
Odio o odio


DEFINICIÓNS "SEN DICIONARIO"

A tristeza é unha canle apagada no corazón
A tristeza é unha consola que nunca funcionou
A alegría é tocar un piano soprando pola boca
O odio son mordiscos dunha piraña dir3ectos á alma
Os berros son tenaces que ten o corpo para tirar a mala sorte
A axuda é un terremoto que ten o mundo para ser amigos
A amizade é unha relación de simbiose entre un can e un gato.


TEÑO MEDO
Teño medo ao rexeitamento
Teño medo ao amor
Teño medo ás arañas
Teño medo aos luns
Teño medo á roupa do mercadillo
Teño medo aos bazares chinos
Teño medo á soidade e ao desamor
Teño medo a que me peguen
Teño medo a Big Fut
Teño medo de min mesma
Teño medo a cambiar
Teño medo aos hipocerontes
Teño medo ao sufrimento
Teño medo a que algo non exista
Teño medo a Nemo
Teño medo aos tiburóns
Teño medo aos ollos azuis penetrantes das bonecas de porcelana que me miran pola noite
Teño medo ao meu grupo
Teño medo a que Rajoy teña unha tesoira
Teño medo á confusión
Teño medo a Michael Jackson
Téñoche medo a ti

NO FONDO DO MAR

Algas enredadas no esqueleto dun pirata
Palas de piragüismo de regatas nacionais
Bob Esponja no crustáceo “crujiente”
Botellas baleiras
Biquinis e bañadores perdidos
Gomas do pelo de deportistas
Dori de Nemo
Barcos fundidos baixo unha ponte
Auga transparente
Calamardo
Submarinos oxidados
Precinto
Chocolate de nenos caprichosos
Crema solar baleira
Sal salgado
Peixes namorados
Gafas de buceo sen cristais


MORRER SEN SENTIDO

sempre sen saída o sorriso
repoñemos escraches con furia
do nome real
entra tamén a última xoia
Portugal
desexaches estar tamén no tiroteo
o reto da inestabilidade
costa o noso orgullo
como á economía á deriva
dunha España sen sentido
conflitividade escolar
alerta a rede
“é difícil combater”
dixo o Papa Francisco
o sabio da bombilla
esconde riscos tribunais
medo, frío, fame
seis voces revolucionarias


No hay comentarios:

Publicar un comentario