lunes, 15 de abril de 2013

En abril con Andrea Nunes Brións

Neste mes de abril presentamos a unha poetisa moi nova e que aparece no panorama literario recentemente, no ano 2007. Andrea Nunes Brións ten poucas obras publicadas pero iso non lle resta forza á súa poesía impresa e dixital
A ecoloxía, o feminismo, a crítica contra o capitalismo son algúns dos temas que trata nos seus poemas. No ano 2011 publica o seu poemario Todas as mulleres que fun no que introduce a temática erótica.

Poemas visuais:      Todas as mulleres que fun    e    Agora ti




De que cor é a vida?
É vermella porque é unha cor que simboliza a vida e a morte. O vermello do sangue, do amor. As meixelas vermellas dunha nena cando ruboriza ou cando ten zapatos novos. Tamén é a cor da fin da vida. A morte é vermella. Algo vermello sempre che chama a atención.
Fragmento dunha entrevista realizada á poetisa en Galicia Hoxe:
De Todas as mulleres que fun:

Pensar que estiven perdida tanto tempo,
espallándome vertixinosa polas rúas todas
con salas de espera interminables,
tatuándome nos xeonllos os bares por onde ti estabas,
afiliada a todo aquilo que rexía o teu dogma.
Leonciña, ti que tantas bandeiras reciclaches
que tanta esperanza puñas no país,
todos os días primavera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario