jueves, 1 de noviembre de 2012

Fran Alonso

Fran Alonso



Biografía

Web de Fran Alonso






Poemas

 


Fomos ficando sós

na casa, nas sabas, os dous.

Roubáronnos as brasas do tempo,

sós,

xanelas, patios, timbres

esvaecéronse sen nós,

sen nós.

Roubáronnos os esparadrapos, amor,

para curarmos a dor,

crómer, esponxas, algodón,

sen embebérense de nós.

Só nos quedou a noite, o frío,

os espellos de po.



Persianas, pedramol e outros nervios (1992), de Fran Alonso



Non hai máis butano, amor.
Haberemos de ducharnos apagados,
afogados no corpo das augas que nacen en nós.
Ti precisas deterxente.
Eu, un xel de rosas e camelias.
Cando remate, amor, celebraremos
anosa hixiene de cosméticos.
Mentres dure.



Persianas, pedramol e outros nervios




O teu corpo é unha cidade
e, intensamente,
córreche o tráfico polas veas
e as arterias.
E cando choras é o mar,
que se revolve,
humidamente.
E na pel médranche os edificios,
tan supetamente,
e nos dedos arrabaldes.
E podes ser feliz sentindo o latexar
da vida toda que levas dentro,
urbana mente.

Es feliz
ata que os ollos se che anubran
brutalmente,
e toses, contraído,
pola contaminación.





 

 

 

 

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario